Carreira de Pinchos

{"autoplay":"true","autoplay_speed":"3000","speed":"300","arrows":"true","dots":"true"}

É unha mezcla entre unha ruta gastronómica, unha proba deportiva e un concurso de disfraces.

Non se lle ocurriría nin a Ferrán Adriá esta combinación, pero xa vamos pola III edición desta peculiar carreira, e aínda non está moi claro quen o pasa mellor, si os que participan, ou os que os miran. A carreira é o segundo sábado do Concurso de Pinchos.

Calquera pode participar, faráse a pé, e tamén se pode disfrazado. Debe consumirse un pincho e unha bebida en cada un dos 9 locais participantes en Pinchanogrove, nun orden establecido.

Habrá premios para os mais rápidos en facer a ruta, para o vehículo mais “orixinal”, e para o mellor disfraz.  As inscripcións realizaránse nos locais participantes.