carreira de pinchos

Pinchanogrove

O segundo sábado de Pinchanogrove ás 12 h temos outra actividade deportiva que nunca veremos nunhas olimpiadas, xa que organizamos unha carreira de pinchos desde o primeiro ata o último local participante nun prazo máximo de 2 horas (que algúns o toman con moita calma).

Como podes imaxinar, consiste en tomar un pincho en cada local coa súa bebida, e non se trata de bater marcas, senón de divertirse. Con esta intención xurdiu o primeiro ano, cando incluso se permitiu utilizar vehículos sen motor.

Nas seguintes edicións ampliamos o cachondeo a ir disfrazados, e si que houbo cachondeo, tanto para os participantes, como para os que non sabían que pasaba e se cruzaban pola rúa con Batman e Robin, o cobrador do frac, o rei emérito, unha monxa, participantes de humor amarillo…

INSCRICIÓN COMPLETA

Edicións anteriores