Este evento pretende promover a cociña local e amosar as habilidades e coñecementos dos cociñeiros en pequenas porcións como son os pinchos. Ofrecendo así, ao público, unha divertida ruta polo Grove na que puntualos para decidir ó gañador. Ao mesmo tempo, poden conseguir bos e importantes regalos con cada voto; e ainda mellores regalos facendo a ruta completa.
Funcionamiento do Concurso: No concurso participan 7 establecementos do 10 ao 26 de marzo, que presentan un pincho cada un ao prezo unificado de 2,5€ en todos eles. Con cada pincho servido entregarase un código QR para puntuar o pincho e automaticamente márcase ese local na Pinchoguía. Valorarase a Creatividade, a Presentación e o Sabor do 1 ao 5. O pincho gañador decidirase coas valoracións dos votos do público. Os votos dos pinchos rematan o domingo ás 14h e pola tarde entregarase o premio ao pincho gañador.
Pinchiño noite: Farase, ademais, un duelo de cócteles entre os locais Patio e K-lúa; e unha festa con regalos no Pub Underground. Os participantes poderán tamén votar os cócteles e optar a regalos tanto por cada voto como pola asistencia aos 3 locais.